Un esquecemento imperdoable: o Museo Mariñeiro de Combarro

Ampliar: Casas de Combarro para Museo do Mar (Fotos Chamoso Lamas)



Por iniciativa e xestiós do historiador Chamoso Lamas no ano 1969 creábanse por decreto varios Museos de Artes e Costumbres populares, entre eles o Museo Mariñeiro de Combarro. Pra elo adquiríronse varios inmobles. Pasado o tempo perdéuse memoria...

Poio é concello por proximidade e historia moi vinculado a Pontevedra, reunindo atractivas e representativas esencias galegas, en relación con canto significa o mar, o agro e a pedra. Algo que entenderon e expresaron moi ben aqueles románticos e modernistas seducidos polo “Genius Loci”, isto é  os lugares con espírito, dos que quedan poucos. “Locus Amoenus” pois, lugares apracibles pra a inspiración, escenarios en interacción entre a paisaxe e a paisanaxe

Dende monxes a creadores e intelectuais que pasaron polo mosteiro de San Xoan e escoitaron a lenda de Santa Trahamunda, como pintores con espírito que buscaban a alma da Terra e atopala en Combarro. Mosteiro protexido, declarado Ben de Interese Cultural por (Decreto de 13 de Agosto 1971/2.239) Escenarios que tampouco pasaron desapercibidos á historia da filmografía, mesmo en tempos difíciles, nos que - a pesares de ser de ditadura - prevaleceu a sensibilidade de crear no mosteiro unha Escola de Canteiros, vinculada á rehabilitación e revitalización do patrimonio cultural construído, que medrou co tempo pra facerse imprescindible neste pais de pedras, canteiros e monumentos de todos os tempos que precisan de diagnóstico e tratamento.

 Combarro, dentro do que foi antigo Coto de Poio, vencella tradicións agrarias e mariñeiras, summa de saberes, mesmo traídos e levados polos arrieiros dos Ribeiros ourensáns. Núcleo que resume, como poucos, a historia da cultura galega pra ser antoloxía dela. Por algo resulta sempre atractivo e a sensibilidade levouno a incluílo na catalogación de bens de especial protección como “Conxunto Pintoresco Histórico Artístico Nacional” (Decreto de 30 de Novembro  1972/3.394). Mandatos de protección multiplicados ademais polos decretos xenéricos de BIC que afectan aos seus cruceiros ou escudos (decreto 571/1963)  como á súa variada tipoloxía de hórreos (decreto 449/1973). Leis que deberan implicar o cumprimento do artigo 46 da Constitución,  que di: “Os poderes públicos garantirán a conservación e promoverán o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e  dos bens que o integran, calquera que sexa o seu réxime xurídico e a súa titularidade. A lei penal sancionará os atentados contra este patrimonio.” E os poderes públicos responsables de dar exemplo en cumprir coas súas propias leis son dende os municipais aos estatais.

Proxectos, compras de espazos e artefactos mariñeiros..... ¿cal é o estado da cuestión?

Manuel Chamoso Lamas (1909-1985), alumno en Pontevedra do seu paisano Lousada Diéguez e de Castelao, compañeiro de Filgueira, sendo Comisario de Belas Artes en Galicia  coñecía ben os valores históricos, artísticos e etnoculturais de Combarro e matinou até conseguir, en parte, as declaracións de bens protexidos, a creación da Escola de Canteiros e un Museo do Mar, “in situ”,  en Combarro...Todo o que implicaba longos procesos burocráticos nos que ás veces se enredan e se perden as cousas e máis cando faltan os interesados, como foi o caso no “affaire” do Museo do Mar... e no “rio avolto...” xa se sabe quen son os gañadores,

 Nun congreso sobre etnoloxía celebrado en Córdobaen 1974 chamoso presenta a teima que levaba en camiño “La creación de museos de Artes y costumbres populares en Galicia”, algo compartido politicamente polo “Servizo de Defensa de Patrimonio Artístico da Dirección General de Bellas Artes”: a creación de museos locais que reivindicasen a identidade de lugares significativos, de cara tamén ao turismo cultural. Todo o que implicaba un plan museolóxico de conservación, estudo, divulgación e exposición, xestión en definitiva de aspectos que polos cambios da sociedade e a industrialización corren risco de perderse.

Respecto a Galiza e  en base á viabilidade viuse inicialmente a necesidade de crear, por decreto e dotar de inmobles e mobles tres museos locais que serían representativos das esencias de Galiza: o Museo da Montaña no Cebreiro, o dos Ribeiros  en Ribadvia e o da Museo da beiramar en Combarro. Proposta aplaudida e compartida polas diferentes administracións, locais, provinciais, estatais para esa adquisición de continentes e contidos ...logo viría a dotación de prazas e a posta en marcha. Proxectos en marcha sobre as que declara Chamoso  “ en los cuales hallamos en todo momento el más entusiasta y decidido apoyo, siendo el más eficaz la cesión de los edificios capaces para la instalación de los museos respectivos”.

Museos de costumbres que precisan espazos significativos, ben situados e dotados de medios, pra atraer, expoñer e mesmo revitalizar aspectos da vida do seu contexto: labores cotiáns, sistemas de pesca, embarcacións, ferramenta pro agro, artesanías, crenzas, festas, traxes... algo non so a conservar, senón sobre os que re-crear, ao estilo dos ecomuseos europeos. Un reto na xestión do patrimonio cultural como recurso e na madurez da ciencia da Museoloxía.

No referido Congreso de Córdoba Chamoso especifica os proxectos e os decretos de creación dos devanditos tres museos de artes e costumbres populares, entre eles o “Museo Marinero o de las artes de la pesca en Combarro (Pontevedra) Conjunto Pintoresco Histórico Artístico”.

Xustifica a realización do proxecto en base  á singular beleza e representatividade mariñeira de Combarro entre as rías galegas. Distingue as particularidades das súas canellas, alternancia de tipoloxías de casas, señoriais e populares, coas súas solainas, balaustres, resíos, praciñas, ermida, cruceiros, hórreos, fontes...Exposición de tradicións da construción en pedra, do caleado, de saberes mariñeiros e labregos :  Datos cos pretende dar a idea dun museo vivo, dun ecomuseo, como un xeito de revitalización de técnicas culturais en transformación.

 Decreto de creación do Museo Etnolóxico e das Artes de Pesca de Combarro

   2123/1969 16 de Agosto

 E que di textualmente: “En consecuencia, a propuesta del Ministerio de Educación y Ciencia y previa deliberación del consejo de Ministros

Dispongo

Artículo 1:  Se crea el Museo Etnológico y de las Artes de la Pesca en Combarro, Conjunto Pintoresco Histórico Artístico

Artículo 2: El museo recogerá, además de las muestras representativas de la vida colectiva, publica y familiar costumbres, tradiciones... variedades de utensilios.....

Artículo 3: El museo estará instalado en una de las casonas o pazo de ambiente marinero, que ha sido adquirida y cede para tal fin la Excmª. Diputación Provincial de Pontevedra.

Artículo 4: El funcionamiento del Museo estará regulado por un Patronato, con la perceptiva aprobación de la Dir. General de Bellas Artes, que se reserva la Dirección técnica, la instalación y conservación de las piezas, así como de la inspección del museo.

No devandito congreso do 1974, tal como consta nas actas publicadas, Chamoso aclara respecto ao Museo de Combarro: ” Se está habilitando la bella y típica casa, ya cedida por la Exmª  Diputación Provincial y por la Dirección General de Bellas Artes, ya se tiene en tramitación el expediente de adquisición de la otra típica y hermosa casa, contigua a la anterior, a fin de realizar el nuevo proyecto de instalación que se dedica en la primera casa a la Sección de Artes de la Pesca y la segunda a la Sección propiamente representativa de la vida tan peculiar en la costa gallega, en la que se funden las tareas de dedicación al mar y las tareas agrícolas y campesinas....

Visto, sentido e sabido ¿Quén fan os poderes públicos pola salvagarda do patrimonio público? ¿por cumprir todo iso que se repite na Leis, congresos e parlamento, respecto á identidade cultural, “produtos turísticos” e outras historias?. ¿ En que mans e como está hoxe ese patrimonio moble e inmoble adquirido para ser un Museo, isto é un centro que atrae, conserva, estuda, divulga e avala a cultura dun pobo?. Menos mal que no que se conta e se canta ser  o “País do Leteo”, do esquecemento, onde se teima co “Non dar a esquecemento...” hai  xente que non perde e reclama memoria.



En Faro de Vigom(Pontevedra)  2 de Febreiro 2021