O vidro coruñés: dende a fabricación dunha redoma a vestir un edificio de galerías

Ampliar: A Terraza de Sada



Sintese histórica das románticas e modernistas fábricas de vidro coruñés e asturianas, onde a famlia del Adalid desempeña un importante papel. Fábrica de botellas, de vidro plano... historia exemplarmente recollida polo Museo de B. Artes de Asturias

A obra do  profesor  Antonio López Pardo é imprescindible para a historia contemporánea de Galicia. Investigador que  entendeu o que significou na Ilustración o Real Consulado da Coruña e o seu fundador, o coengo  Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1749-1806), como as Sociedades Económicas de Amigos do País. Estudoso que abriu camiños inseparables da arqueoloxía industrial, ciencia na que aínda moito  queda por facer, mentres se perden tantas fontes da Historia. López Prado ten publicado investigacións sobre axentes de negocios, ingleses, cataláns, sobre o comercio marítimo, sobre os recursos de Galiza, as  explotacións de caliza, estaño, liño, cáñamo, fábricas de louza, xabón, cordalerías, papel, teares, curtidoiros,  pesqueiras, ostricultura, oleocultura, viñedos, agres, a reloxería... e o que hoxe nos trae aquí, inseparable do  romanticismo e do florecer modernista, por canto implica de exotismo, mesmo de utopía e poesía: a industria do vidro. E velaí  a súa publicación “La primera industria coruñesa del vidrio (1827-1850).Traballo publicado polo Instituto de Est. Coruñeses, nº.10-11, no 1974-1975. Algo que se pode complementar co libro “Arte e industria en Gijón (1844-1912) La fábrica de vidrios de Cifuentes, Pola y Ciª” . Editado polo Museo de Bellas Artes de Asturias e coordenado por Emilio Marcos Vallauri (Oviedo 1991). Estudo sobre as orixes da modélica fábricas de vidro de Xixón, (1827-1853), ao período 1899-1918, aos fundadores  e aos grandes artesáns vidreiros, incorporando o catálogo de produtos de “La Industria” , xunto á que latexa a industria vidreira coruñesa.

Colaboración e competencia entre as fábricas de vidro da Coruña e as asturianas

Aproveitando os areais do Orzán, situada no que hoxe son os Salesianos,  a Coruña contou cunha  importante fábrica de vidro, a que mesmo contribuíu á imaxe da cidade:  revestindo a pel de edificios,  cubrindo estruturas abalconadas  con retículas de madeira, aproveitando o bo facer dos carpinteiros de ribeira, enmarcadas  con vidro plano. Mesmo tamén  nutrindo os concorridos bazares de obxectos de vidro, para o uso e o adorno: botellas, redomas, xerras, vasos, copas, azucreiros, candeeiros...algo do que se perde memoria, de talleres, fornos, catálogos, documentación...sen saber identificar os cacharros coruñeses dos fabricados en Asturias e expostos no Museo de B. Artes de Asturias (Palacio de Velarde, Oviedo).

 Ilustrados, como o padre Sarmiento,  como o asturiano Jovellanos ou o empresario Raimundo Ibañez,  insistían en crear industrias de fabricación de vidro, de botellas para o viño, a sidra...Humanismo  que ademais inculcaba nestas empresas trato exemplar cos traballadores.  

 Carlos III fomenta  tales industrias do vidro concedendo prebendas fiscais. Valencia adiántase nas experiencias. Nos tempos seguintes, os de Carlos IV e sobre todo con Fernando VII, a raíz da forte explotación do carbón, florecen as fábricas  de Avilés,  Almedilla ( Granada) Buenache (Cuenca), San Fernando(CadIz) , Utrilla (Teruel), Vich...

 Historia de fábricas de vidros en Galiza que non ten orixe antes do 1830, onde a primeira resposta daraa a Coruña,  incentivada polo liberalismo, pola liberdade do comercio e da industria, axudada pola abolición dos morgados e dos señoríos, pola desamortización ... Sacaráselle rendemento ao porto,  ás ricas materias primas e aos tradicionais saberes artesáns. Ao respecto o Arquivo de Simancas ofrece documentación sobre a primeira industria vidreira en Galicia, a coruñesa,  relacionada coa iniciativa de arriscados empresarios, neste caso o coruñés,  aínda que oriúndo de fora, nacido no 1795, Juan Antonio del Adalid y Loredo, casado coa inglesa Elisa Aana Charman, liberal,  técnico industrial, “fabricante de vidriería”,  un dos promotores de “ La Industria” (1844-1983). Factorías da Coruña e Xixón que estarán moi unidas,  co intercambio de persoal, como Juan Bautista Virgille, especializado  en botellas escuras, experimentado en Asturias. O camiño non é fácil: unha década despois, os altos costes de produción, a falta de mercado farán que a vidreira coruñesa  entre en crisis. Búscanse inversores e artesáns, propondo ampliar á fabricación de louza, contratando a expertos vidreiros franceses,  no 1831 ao suízo  Luis Truán (1799-1876), humanista, persoeiro polo que se interesa o célebre biólogo coruñés, Víctor López Seoane. Truán farase cargo da dirección, construirá novos fornos vidreiros  para a fabricación de botellas e vidro branco . O sentimento relixioso calvinista de Truán prevalece na teoría e na praxe. Familia del Adalid da que parte o célebre compositor musial, discípulo de Chopín,  Marcial Francisco del Adalid Gurrea (1826-1881) fillo de Francisco del Adalid y Laredo-, casado aquel coa escritora  Fanny Garrido, señores  do oleirán pazo de Lóngara.

Historia de amores, triunfos e fracasos...propia dun serial televisivo

As guerras calistas, os desacordos entre os socios farán que , no 1837, se paralice a actividade fabril. Truán retorna a Suíza onde sigue coa actividade vidreira, para dous anos despois volver á Coruña con novas ideas e retomar a fábrica... “La Industria”, a fábrica asturiana sigue producindo, incrementada  agora polo negocio con ultramar , coa vantaxe de contar en proximidade con minas da tan importante fonte de enerxía  como era o carbón. A fábrica da Coruña consumía cantidade inmensa de carros de leña de carballo. A Coruña era moi concorrida por vidreiros estranxeiros buscando traballo.

Sobranceiro é o empeño de Juan Antonio del Adalid en buscar inversores,  entre os que atopa a Dionisio Leal, José Benito Español, Manuel Noriega Cortiña... os  que no 1845 continúan sen Adalid,  até o 1850, ano no que lle devolven todo a  Francisco del Adalid, herdeiro do seu irmán. No 1844 crease unha comisión para establecer en Avilés unha nova fábrica vidreira, a familia Sellier está por medio...o desentendemento retarda a idea, comezando a producir en 1845 vidro plano, raiado, fanais cilíndricos, ovalados, botellas... Por empregar materias primas da terra, o director xerente, René Sellier  será distinguido pola Sociedade de Amigos del País. Accionistas coruñesas participan nesta empresa, Schemite, Dinten, Soutter,,Vikel, Lang... Anselmo Cifuentes Díaz, contando coa importante inversión do armador Mariano  Suárez Pola (1793-1884) fidalgo e filántropo de Luanco,  que  enriquecido en Cuba, amplía mercados. A unión vidreira das fábricas de Xixón, Avilés e a Coruña é un feito no 1847,  asociación promovida polo empresario Juán Méndez, pese  á oposición de Truán e Pola a fin de competir coas  empresas do Sur. Unión  asinada na Coruña a 22 de xuño de 1847, con xunta directiva na Coruña por cinco anos, creando almacéns de vidro plano en Madrid e de botellas en Málaga Con novos inversores nace  así a empresa “Braña, Abella y Cia”,  a que , co nome de “La Minerva”  continúa fabricando vidro plano , logo mercada por Francisco Otero Miranda e José Villarubia, para no 1857 asociaranse con “Ugarte, Villarubia e Cía” co nome de “La Coruñesa”. No 1858 a empresa “Fernandez Cervigón y Cia” ( José Fdez.  Andrade, Eduardo Cervigón, Demetrio Villasuso, Guillermo Vidal) retoman a fabricación do vidro, agora con talleres na rúa da Torre, baixo o nome de “La Protegida”. Fracaso que nun novo acionariado, cos de antes e cos novos, da lugar a “ Tinoco, Villasuso e Cía” coa fábrica de “La Esperanza”, especializada en vidro oco... novo fracaso.  No 1919 comeza a “Vidriera Gallega” en Rande (Redondela) deixando de funcionar no 1921.

Nos anticuarios, quizais na lacena da casa podamos atopar un cacharro de vidro dunha destas fábricas asturianas ou coruñesa e os mais vestindo galerías, aínda con eses antigos vidros planos, imperfectos, espello aliado da luz do solpor.

Nos anos 90, retornando de Holanda o creador Gerardo Porto,  teimaba con reemprender a ansia fabril do vidro, tan da “Cidade Cristal” e do que tería moito que dicir Julia Ares, de sempre envolta nesa galaxia poética, fráxil, transparente, irradiante de cristalarías, vidrarías..

10 OUTUBRO 2024