O libro e a innovación das bibliotecas, centros de información e formación contra a idiotez

Ampliar: Libros de C.A. Molina sobre a mesa de F.Senén



0 Reflexión arredor do libro e das bibliotecas na IV Revolución Industrial, a das novas tecnoloxias e o papel seductor das bibliotecas. Como exemplo a teoría e praxe do escritor coruñés Cesar A. Molina para a súa biblioteca na Dput. Prov. da Coruña

Neste noso tempo, o da Cuarta Revolución Industrial, o que obnubila tantas mentes, o da dependencia das novas tecnoloxías, dos plasmas, da Intelixencia Artificial, o das propagandas e das performances, dos e das influencer... non ven de máis falar do libro e das bibliotecas, do seu estado da cuestión e da preocupación que temos na Coruña respecto á gran Biblioteca Provincial da Deputación.

Pois vimos escoitamos dende os poderes públicos, causa nesta cuestión, que a xente non vai ás bibliotecas...e o de sempre que non venden nin dan votos. Grisalla que se estende, sen  escoitar aos profesionais, ignorando o que pasa no mundo respecto a novos espazos, a profesionais e a novas xestións de estes centros, como dos museos. Toda biblioteca é un proceso de construción sempre inacabado nesa súa ansía de seducir cara ao saber. Xa non soamente centros pensados para os lectores, para os investigadores ou os educadores, son centros de encontro, de autores e actores que somos da nosa propia historia. Sendo os políticos  mais listos, os que rompen co ambiente turiferario ditatorial, “os que teñen o teléfono de todos os listos”, como dicía Marx, Groucho. E para o caso da innovación das biblioteca compre contar con profesionais que profesen, que os hai nas mesmas bibliotecas, os que entendan estes centros como boticas de garda, atenta ás necesidades “espirituais” de cada tempo, da persoa, universo intransferible: a atención ao público, a toda novidade, á creación, ao inventario e organización, a actividade, á ludoteca... Inversión en futuro pois, na información e na formación da persoa, dende o prisma do mellor que pode crar un ser humana, a palabra, o idioma, a filosofía, a arte... a fin de crear seres pensantes, que quiten as orelleiras e enxerguen o acontecer para non ser vítimas da desigualdade.

Valoramos o esforzo de profesionais galegos da biblioteconomía, pouco auxiliados polas administracións. Velaí o libro “Habitando Historias”,  sobre 10 experiencias arredor do libro e da lectura ( 2019) o valor da lectura, a interacción en canto significa a educación, algo que atinxe a cada un e en todo momento.

Sobre o tema ven advertindo un experimentado coruñés, o polígrafo César Antonio Molina, autor de máis de medio cento de libros, con títulos que nos meten no tema como “La Caza de los Intelectuales” (2014) “Las democracias suicidas” (2019) “Tan poderoso como el amor” ( 2018) “Que Bello será vivir sin cultura”( 2021) “Que hacemos con los humanos?” 2023... Teoría e praxe da cultura, do humanismo, que latexa nel dende sempre: formado en dereito en Compostela, dinamizador do Cine Club da cidade... e en xornalismo na Complutense, para ser xornalista do Grupo 16, profesor, director do Círculo de Belas Artes, do Instituto Cervantes, Ministro de Cultura, Director de la Casa del Lector e o que tocou coa súa vara máxica soergueuse das cinzas... trotamundos  a enxergar o acontecer... Quero dicir que si alguén hai co que consultar sobre o asunto, ese é Cesar Antonio Molina, tandem en inquedanzas semellantes coa súa compañeira a tamén xornalista, escritora e tradutora Mercedes Monmany. Cumprindo coa praxe eles legaron as súas inquedanzas e as ilusións dunha vida, en forma de coidada biblioteca, para enriquecer a Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña, sabendo como sabemos e como me tiña comentado Filgueira Valverde, bibliófilo entre os bibliófilos que era a mellor de Galicia, habendo como as hai na  Coruña e pensamos sempre na Biblioteca da Xunta de Galicia en Elviña e en Miguel González Garcés, un referente neste universo. Sabendo tamén que a cidade ilustrada, envolta sempre en ansias de liberdade e democracia foi pioneira en abrir biblioteca pública, a do Real Consulado, contribuíndo ao florecer do Modernismo, a crear confrarías, seminarios, círculos, irmandades, células, e singularidades entre mulleres e homes de letras e da empresa.

César Antonio Molina é un dos mellores e máis influentes escritores de viaxes do mundo, o que digo  como seguidor de “ Memorias de Ficción”:Vivir sin ser visto (2000)” Regresar a donde no estuvimos (2003), “Esperando a los años que no vuelven” ( 2007), “Lugares donde se calma el dolor” ( 2009), “Donde la Eternidad envejece” ( 2012) “Todo se arregla caminando” ( 2016)...Libros densos, autobiográficos, enxergando, interaccionando paisaxes e paisanaxes distinguidas, os “locus amoenus” de escritores, artistas, músicos, o cine... Pois velaí como entender unha biblioteca, onde aprender a resolver a vida en tolerancia e paz. E, insistimos, non queda  a cousa como autor, a praxe coa súa Itaca foi tamén impecable, rescatando os cartafois da Torre de Hércules para declarala Patrimonio da Humanidade, recuperando o Goberno Militar para biblioteca activa...e pensamos para este espazo como un centro europeísta, rescatando para el os valores clásicos, unindo legados como o de Madariaga e o mesmo o de César Antonio Molina... Proposta non difícil, cando o mesmo partido, de cariz progresista e europeísta goberna ambas as dúas institucións de carácter municipal.

A biblioteca de César Antonio Molina-Mercedes Monmany

 César Antonio Molina e a súa esposa Mercedes Monmany firmaron convenio de doazón dos seus fondos bibliográficos, arquivos e premios coa Deputación da Coruña  en convenio asinado a 14 de abril de 2005.

O convenio:  doazón que se fai, con carácter gratuíto, entrega que se fará de vagar, dende o ano 2005, selección e elección que lle correspondera a eles dar por finalizada. Os fondos situaranse nun lugar específico diferenciado e que recibirá o nome dos legatarios

A doazón de 29.669 (volumes son mais xa que hai duplicidade nos fondo, Vídeos, Material sonoro, Revistas, Material non librario e un importante Arquivo (documentos..)

Os profesionais da Biblioteca Provincial fixeron unha catalogación analítica de 33.897 artigos das revistas doadas, material fundamental para a investigación.

É a referida unha biblioteca de autor, onde os libros principais son os escritos polos seus autores. Nela atópanse orixinais, como o da tese doutoral de C. A. Molina “Historia de la prensa literaria en Galicia desde comienzos de siglo hasta la guerra civil (1900-1936) y su relación con la española”, fontes imprescindible para o estudo sobre prensa literaria.

Destacan os obras dedicadas, sobre todo libros: premios Nobel (Mario Vargas Llosa, Herta Müller, Orhan Pamuk, José Saramago, Camilo José Cela, Seamus Heaney...), premios Príncipe de Asturias (Antonio Muñoz Molina, Amos Oz, Claudio Magris, Francisco Ayala, Miguel Delibes... ) e moitos outros autores (Xesús Fraga, Javier Marías, os irmáns Goytisolo, Manuel Rivas...) e os de dedicatorias de artistas, moitas ilustradas (Antoni Tàpies, Eugenio F. Granell, Miguelanxo Prado, Siro, Gordillo, Lamazares...).  Galeradas de diversos autores europeos. Doazón que ademais inclúe unha importante colección de Quixotes: edicións especiais e edicións de ilustradas por artistas (Dalí, Antonio Saura... Libros de bibliófilo: facsímiles das edicións antigas, múltiples edicións de tirada limitada, con gravados de artistas...  revistas, hai

O material non librario está conformado por carteis, e premios, medallas e condecoracións  das mais importantes institucións nacionais e internacionais.

Ten especial relevancia toda a documentación que dun ou doutro xeito está asociado á cidade e á provincia da Coruña, entre outros documentos:

* Documentación que mostra o interese de César Antonio Molina no seu cargo de Ministro de Cultura para a concesión do título de Patrimonio da Humanidade á Torre de Hércules (motivo polo que se lle nomeou Fillo Predilecto da Cidade)

* Documentos probatorios das xestións realizadas como Ministro de Cultura na creación na Coruña do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía [MuNCyT]

* Expedientes relativos ao impulso na contía dos orzamentos do Estado recibidos polo Palacio da Ópera da Coruña durante o período como ministro.

* Impulso realizado como director do I. Cervantes ás distintas linguas cooficiais.

* Documentación relativa á creación e establecemento en Damasco e Lisboa das bibliotecas Álvaro Cunqueiro e Gonzalo Torrente Ballester, do Instituto Cervantes...

* Reunión de directores do Instituto Cervantes no Pazo de Mariñán

* Documentación relativa á difusión da cultura galega como director do Círculo de Bellas Artes e do Instituto Cervantes (con múltiples homenaxes a creadores galegos)

16 OUTUBRO 2024