Introducción á singificación dos extensos muros de Adriano e Antonino que separán Britania dos Pictos. Tendo como soldados auxilia a xinetes astures

Ampliar: Estela con xinete celta cántabro



Polo 120 d.C Adriano manda construir un gran muro, 118 quilométros, que, de cabo a cabo, separa a illa de Britania dos pictos....despois, Antonino complementaraa con outra, máis corta. Valados atendidos por aguerridos xinetes astures e galaicos...

Unha das máis grandiosas obras da Antigüidade foron os dous  muros defensivos-ofensivos,  trazados de mar a mar no norte, entre pictos e britanos: o muro de Adriano e o posterior, o muro dos tempos de Antonino. O primeiro e o maior deles é o mandado construír polo emperador Adriano comezado a construír polo ano 122 da nosa era, no norte de Britania. Parece ser que a súa construción durou uns 6 anos:  117, 5 quilómetros de banda a banda da illa e cuns de 3 a 6 metros de ancho, como outros tantos de alto, segundo as zonas. Xigantesca obra de interese xeoestratéxico, aínda que con  obxectivos múltiples, separando a Britania conquistada das terras das temidas tribos dos pictos, consideradas polos romanos celtas e bárbaras. Pobos aqueles con costumes moi similares a outros da mesma e veciña area denominada céltica: cultura dos Hill forts, outeiros fortificados, equivalentes aos nosos castros ou brigas, topónimos tamén moi comúns nas illas británicas, chester, briga... Tratábase de habitats de granxeiros e gandeiros, artesáns do liño, fundidores de bronce e do ferro... habitantes do norte de Britania, a  que era a Caledonia (kalet= duro, quizais como Kallaekia), a que sería o reino de Alba, país dos gaélicos escotos, emigrantes orixinarios de Irlanda, hoxe Escocia. Nome curioso o de pictos e que eles mesmo se daban - e non celtas, como si o facían os romanos - e que algúns queren ver por ir  tatuados, outros creen que significa indomables.

Vallum Aelium é  outro dos nomes que se lle da ao valado de Adriano, en alusión ao primeiro gobernador da obra, Aulo Platorio Nepote . Construción que escolle a parte montañosa e estreita da illa, entre a desembocadura do rio Tyne, no Mar do Norte, até Solway, a carón de Irlanda. Muro de pedra, complementado en altura cun valado de madeira, zigzagueando a topografía, aproveitando os farallóns, a fin de impoñer máis. Complementado con foxos e ribadas, estacadas, alternado con castelas militares, unha cada milla romana (algo máis duns 1.500 mts), coas súas aduanas e servicios para a guarnición, as auxilia, e con acceso a vías militares ...  con torres entre castela e castela. Para a construción usouse xeralmente pedra calcaría e nalgúns casos, como no tramo de  Bowness-on-Solway - posiblemente pola ausencia de pedra - empregáronse bloques de tepe (de terra dura con raíces e herba) os que pola meteoroloxía e a vexetación rematarían sendo unha ribada ou alcaiana, parapeto provisional . Muros, polo interior e exterior construídos de sólida cantería, mentres que o interior é recheo de cascallo, como nas construcións dos castros galaicos. Sabemos que en tempos posteriores, nos de Septimio Severo mantivéronse traballos de consolidación desta obra. A nova arqueoloxía facilita datos até agora descoñecidos, como que este muro ía caleado, tamén a fin de alarmar máis. Construción  declarada Patrimonio da Humanidade dende o 1987, como o muro de Antonino Pío serao no 2008.

Recentes achados que facilitan complementar datos sobre a ansia de Adriano,  obra como si se tratara feita polo pulo do desexo divino, o de manter integro o Imperio por el herdado até estes pobos do occidente atlántico, considerados irredutibles. Enténdese que, a máis de expresar o poder, enténdense outros fins, como servir de aduana  para o paso de gandeiros coas súas greas, como para o control do contrabando e conseguintemente recadar impostos. Entre as mansións ou fortes da murallas estaban castros ou fortes, como  Cilurnum, Vercovicium ou Vindolanda, onde a arqueoloxía atopou unha serie de finas táboas de madeira con inscricións sobre a guarnición.

Os aguerridos équites astures e galaicos gardadores destas fronteiras

Tamén sabemos que esta gran construción estivo atendida por auxilia, os aguerridos équites da  Ala Gallorum Petriana, das lexións II Augusta e da VI Victrix, estas dúas conformadas por veteranos mercenarios da área astur e da Gallaecia. O muro de Antonino tivo como auxilia a Legio XX Valeria Victrix. Abondan os datos relativos  estas tropas de cabalería, esencial para o transporte, para o exército, o combate en zonas descoñecidas, o que require domesticación, adestramento e que ademais supón un certo rango para estes milites de cabalo.

Como xa dixemos, no  ano 138 o novo emperador Antonino Pío, interesado en reorganizar administrativamente o imperio, traza un plan de vías e sistemas defensivos e ordena construír, máis ao norte, a uns 160 quilómetros do muro de Adriano, outro similar - este cuns 68 quilómetros de largo, na parte máis estreita da illa -  pero con máis castela. Muro que foi un fracaso, abandonado en tempos de  Marco Aurelio para  servir máis o de Adriano. A inicios do sc. V aquel territorio e as murallas volven a mans das tribos britanas, servindo como canteiras para a construción de estradas, casas , igrexas ou mosteiros como o  de  Monkwearmouth-Jarrow , onde se formou Beda o Venerable, monxe que tantos datos sobre canto vimos dicindo.  Ao cabo dos anos non faltán filántropos e apaixonados do pasado que clamaban pola defensa destes monumentos arqueolóxico, tal como o granxeiro  John Clayton, até que o National Trust se fai coa propiedade e a  xestión dos mesmos.

 Sábese que a Ala II Augusta  estaba composta por cotizados mercenarios équites de Astúrica e que, dende o ano 175 serviu de auxilia nos castros de Bremetennacum ou Cilurnum no muro de Adriano... Xenérico de astures que incluiría o que pouco despois, no sc. III, en tempos de Diocleciano,  se constituiría como provincia romana da Gallaecia,  cos tres conventos xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. Pobos considerados polos romanos como célticos, bos e moi cotizados  xinetes, con todo o que supón na domesticación como no adestramento para a milicia. Atopándose en Arrbeia (South Shields, Escocia) un epígrafe relativo a un distinguido soldado, xinete astur. Para maior gloria dos nosos confíns, o mito conta que desta caste e rango de xinetes protectores da muralla procede o mesmo Rei Arturo, quizais asociado co, prefecto Lucio Artorio Castus, fins do sc. II,  parece ser que orixinario da Calabria, cunha carreira militar curtida nas campañas imperiais e nos sitios máis remotos, de oriente a occidente, ao mando da Legio VII  Victrix destacada cos xinetes astures.

Muros de Adriano e de Antonino, documento arqueolóxico imprescindible

Hoxe os muros de Adriano e de Antonino son un importante atractivo turístico e cultural entre Cambria (Gales) Eirin (Irlanda) a Illa de Man e Nortumbria, que é esa Escocia gardadora de tantas esencias que eles mesmos presumen de celtas e quen na Galiza imitamos como tales. Alí, quen guía as murallas, vincula tan xigantesca construción coas auxilia dos feros lexionarios xinetes procedentes de Astúrica... Iso si, dí que “é obra de los asturianos”... e axiña, dende as orelleiras ou esquemas mentais cavilamos na Asturias ovetense. Convindo matizar que, nos inicios da romanización, co nome de astures e mesmo co de kalaikoi, referíanse aos habitantes do noroeste de Iberia. Para, despois da constitución da Gallaecia coas reformas administrativas de Diocleciano, fins  sc. III, darlle a esta a categoría de provincia romana, incluíndo a Asturicense, a Bracarense e a Lucense, con capitais respectivamente en Astorga, Braga e Lugo. Mapa de Gallaecia aínda por definir e que, en inicio, sería aproveitado polos xermánicos suevos, como en boa parte do medievo.

Ao longo dos anos  a cristiandade saberá aproveitar a habilidade dos cabaleiros célticos... prefiguralos no rei Arturo, para levalo á iconografía  de tres santos, armados e montados a cabalo... e con tanta devoción nos confíns célticos atlánticos e mesmo en canto ocupou o imperio de Roma: San Xurxo nas Illas Británicas, vencendo ao dragón, ao Demo, ao pecado... Santiago en Galiza, cabalgando sobre os infieis  e o San Martín na Galia, en Galiza... pola contra aplicando a xenerosidade de repartir a capa cun mendigo.

3 OUTOBRO 2025