PREHISTORIA

Ampliar: torre



PALEOLÍTICO E MESOLÍTICO

Os primeiros habitantes da área xeográfica coruñesa na investigación arqueolóxica

A arqueoloxia como investigción das sociedades do pasado a través das pegadas rescatadas, é ciencia contemporánea, que nos útimos anos do século XX da un paso definivo na súa independencia da Historia da Arte. No acontecer coruñés ponse de manifesto exemplarmente esa permanente inquedanza por descubrir o pasado: dos ilustrados “curiosos impertinentes”, coleccionistas de gabinete, “buscadores de tesouros” aos apaixoados románticos, constructores da identidade. A investigación arqueolóxica vaise perfeccionado meticulosamente, ata un traballo sistemático, metódico e interdisciplinar. Dende os decimonónicos don Xosé Verea y Aguiar e Manuel Murguía, teorizadores do “celtismo”, ata a contemporaneidade, teñense dados pasos de xigante en canto significan as técnicas de pescuda, a clarificación de resultados e súa divulgación. Angel del Castillo, Chamoso Lamas, Luengo Martinez, Monteagudo Martinez significan a arqueoloxia coruñesa en boa parte do século XX e abren novos camiños de pescuda e revisión futura. Sumando o interese que suscita o faro romano da Torre de Hércules que atrae a estudosos da arquitectura da romanidade doutros paises, como é o caso de Hutter, Hauschild ou Hague. A práctica arqueolóxica fai que a un tempo se perfeccione a Lei de Patrimonio Cultural, créanse departamentos arqueolóxicos nos concellos, e os museos ábrense da exposición á investigación. Na actualidade seus fondos son documentados, revisados con maiores medios e garantías. A Coruña, aberta ó acontecer, sede das reais academias galegas, foco editorial, estivo na cabeceira da ansia centífica e cultural por coñecer as orixes de Galiza , alicerce da súa identidade.

A privilexiada ubicación xeográfica, por súas características estratéxicas e a bonanza climatolóxica, nun recollido espacio porta e porto aberto ao “Mare tenebrosum” e a xulgar polos restos arqueolóxicos atopados, fai que fora moi solicitada dende os primeiros tempos. Si ben os traballos futuros irán perfilando e constatando as primeiras datas de presencia de grupos humáns organizados que escollen este espacio para dar resposta aos problemas da súa vida. Baía cun recollido mar interior, formado pola desembocadura do río Mero e outros arroios, como o Monelos. Espacio aberto ó océano entre o Monte de San Pedro, Punta Herminia e o Seixo Branco, promontorios con míticas referencias nas lendas populares coruñesas.

O acontecer prehistórico coruñés vai en paralelo e con concomitancias coas áreas veciñas galegas , asturianas e incluso portuguesas. Si ben os estudos futuros determinarán as características contextuais , de época e máis de espacio.

PALEOLÍTICO INFERIOR: BANDAS DE CAZADORES RECOLECTORES

Monteagudo García detectou no lugar de Rocheira, no viciño concello de Arteixo, unha lasca traballada que responde á tipoloxía “clactoniense” .O que fai supoñer a existencia de bandas de cazadores recolectores fai máis de cen mil anos. Achado que non é determiñante e á espera de novos aportes.

PALEOLÍTICO MEDIO E SUPERIOR
Nas costas da ría de ferrol, en Fene, apareceron materiais, follas, lascas traballadas en silex que inicialmente se identifican con este momento, e que proximidade podemos intuir na beiramar couñesa,

MESOLÍTICO ( 6000 a.C). A PRESENCIA CERÁMICA EN BARRAÑÁN.
Pola contra abondan as pegadas referidas a ese período ubicado temporalmente entre o Paleolítico e o Neolítico, o Mesolítico, ubicado cronoloxicamente arrededor do octavo milenio a. C. Vazquez Varela e Ramil Soneira prospectaron a parte da beiramar coruñesa a finais da década dos anos setenta, atopando no lugar do Reiro, Barrañán (Arteixo) a presencia dun grupo que paradoxicamente parece non practicar o marisqueo, para basear a súa alimentación en micromamíferos, aves e pesca de beiramar , a xulgar polos restos aparecidos nos vertedoiros de lixo deixados. O utillaxe utilizado son cantos de diorita traballados, algúns tipo “Pico Asturiense”, moi en relación con materiais tamén usados en terra Minhotas Portuguesas e do Baixo Miño; burís, raspadores, lascas que se supoñen para empregar nun traballo en coiro e madeira… Interesa o lugar do Reiro, como un grupo nuns momentos de cambio, pola presencia de testos cerámicos, mal amasados e cocidos , os que non deixan de ser unha novidade cultural. Deste xeito reafírmase a entrada no Neolítico. Murguía atopou en Baldaio, Carballo, materiais deste tipo, hoxe no Museo Arqueolóxico da Coruña.

O NEOLÍTICO E A DOMESTICACIÓN DO MEDIO
A partir daquí e a xulgar polas tipoloxias de utis aparecidos, xeralmente fora de contexto arqueolóxico, podemos concluir que a presencia de grupos humanos ten altibaixos, cun aumento demográfico co froecer na cultura castrexa, o que aconteceu posiblemente a finais da Idade do Bronce. Na zona das Xubias, Vales Vilamarín detectou materiais de pedra puida, propias dese amplo periodo que é o Neolítico. Materiais similares a outros atopados no entorno de Riazor. Si ben a cautela debe aplicarse ó clasificar cronoloxicamentre estas pezas, xa que na prehistoria e na antiguidade, as tipoloxias alónganse na súa utilización, mudan de función e conviven con novos inventos culturais.

MEGALITISMO (3000 A.c). AS MÁMOAS DA ZAPATEIRA
A tradición popular e as pescudas centíficas do arqueólogo coruñes Luis Monteagudo García dan a coñecer o campo de “mámoas·” de a Zapateira, dilimitando os concellos de A Coruña e Arteixo. Un destes túmulos, escavado no ano 1976, ofrece os típicos enxoivais destas necrópolis de utilización múltiple que se veñen datando arredor do terceiro milenio a.C. Novamente confírmase a presencia humana nesta zona que domina un área de importante interese agrícola e gandeiro, posiblemente xa habitada dende o neolítico. Outeiros que non perden de vista a privilexiada baía da Coruña, como gran recurso para o marisqueo, a pesca e espacio de acollida para unha incipinte navegación . As relacións con toda a área atlántica, especialmente con Bretaña, Irlanda e Illas Británicas parecen constatarse neste momento de consolidación integral da domesticación do medio e de xerarquización da sociedade.

IDADE DO BRONCE 1500-aC-700). UN MACHADO TIPO CORUÑA
Este momento ó que o arqueólogo Luis Monteagudo García dedica toda unha vida, determinando clasificacións tipolóxicas, ofrece na Coruña materiais variados, ainda que soltos, aos que habería que sumar máis novos aportes, como unha misteriosa punta de frecha en ouro, aparecida nos areais de Mugardos, e que nos aproxima ó Calcolítico ou Idade do Cobre. Monteagudo busca un habitat propio deste momento, en base a súa experiencia intue que o Monte Carrrizo en Rutis ofrece un poblado fortificado con carácterísticas do momento referido. Pero pouco despois de facerse unha prospección que da unha construcción e materiais “precastrexos” , o xacemento é destruido por reprantexamentos urbanísticos . Entre outros materiais atopados, fora de contexto, referidos a momentos posteriores, destacan un tipo de machados que entran nos denominados de “tope” ou de ““talón”, datados a finais da Idade do Bronce, sobre o século VIII a.C. atopadas por Montegudo na consterucción do tunel do ferrocarril entre Elviña e os Castros. Machados que pola súa freuencia clasifica como “Tipo Coruña” e que non terían outro valor que o premonetario. Son materiais que, en ocasións aparecen en acubillos, formando acumulacións ou “tesouros de comerciante” e que nos achegan a unha época de frorecer mineiro e metalúrxco. Materiais que presupoñen fortes relacións comerciais e polo tanto influencias culturais e mestizaxe. Nucleos viciños, como Bardaos, Ameixenda, Armentón …ofrecen achados similares . Interese especial ofrece a espada curta ou estoque atopado na ría do Burgo (Museo Arqueolóxico da Coruña) que responde á tipoloxía de espada ou puñal de antenas, propio da Idade do Ferro, e con longa vida de uso na cultura castrexa (Ruiz-Galvez). Este é o momento no que se consolidan os castros, fundamentalmente como cidadelas controladoras de rutas ou emporios mineiros. Habitats defensivos que se irán creando ou modificando en outeiros estratéxicos e dominando veigas fértiles, nun longo acontecer que incluso supera á mesma romanización.