INTRODUCCIÓN

Ampliar: Muiño e casa de muiñeiros Toscaña 1919



Información relacionada co lugar

 As páxinas que deberan aparecer  aquí cos contidos anunciados están en obras. Así que de cara ao futuro pretenndo reunir, de xeito cronolóxico, retallos sobre interpretacións de aspectos da Prehistoria, Protohistoria, Idade Antigua, Media, Moderna e Contemporánea, incluso anécdotas e lembranzas, documentos que tentan dar conta do acontecido nestas terras do Arenteiro ao longo do devalar do tempo.



Falaremos das condicións xeoestratéxicas, abrindo ás bocarribeiras do Miño, Avia, Barbantiño, Carras, Arenteiro... Terras de boas augas, mesmo pra saude, de aventuras, de fracasos, de feitos e desfeitas . de festas e xantares, de tradicións que nos definen no mundo, en afastados lugares onde a emigración do Carballiño tamén ten sitio e asúa historia por contar.



Así que os artigos recollidos nas páxinas da sección "Arredor do Carballiño", veñen a ser como un complemento desa pretendida Historia, interpetacións con certa inencionalidade sentimental, urxente, adianto sempre por depurar. 



Entre esa ansia de contar e transmitir quédannos  aínda por recoller,¡ ducias de centos de artigos escritos por min sobre a teima deste tema, a Historia do Carballiño. Escritos fundamentalmente  para xornais e revistas: La Regíón, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, La Opinión Coruña.... A Nosa Terra, Sermos, Nós... Como en tantos suplementos, revistas, fundamentalmente galegas, dende Teima a Luzes de Galicia.... E tanto que queda por revisar, asumindo que hai quen sobre o que contamos, pescuda, aclara, complementa...na sempre inacabada tarefa dunha Historia obxectiva, con acertos e desacertos.



Os principios desexados que nos moven parten dende  a óptica de "nunca á explotación dun ser humano por ouro ser humano...e respecto ao Planeta que nos sosten". Nestro entra a igualdade de sexos, razas, idades, clases....principios do Humanismo. Asunto que nos levaría a revisar moitas historias baseadas en arrogancia, vinganzas, poder, usando e abusdando mesmo dos santos.

Niso estamos mentres poidamos.



Así que estamos en obras, onde se pode entrtar sin casco, nen máscara...algo xa é algo.

A mandar e cunha reverencia dende o confinamento.



FELIPE-SENÉN

San Cibrao- 2020